sexta-feira, 14 de dezembro de 2007

Un poema, unha imaxe e a túa mirada












Recentemente acudín a un curso de formación para mestres “ Un poema, unha imaxe e a túa mirada. Outro xeito de traballar o achegamento á língua escrita” que resultou ser moi interesante e proveitoso, comentaréi aquí algunhas das propostas levadas a cabo cós alumnos da nosa escola de 3, 4 e 5 anos, partindo dos coñecementos adquiridos no citado curso.

SECUENCIA DIDÁCTICA ( partindo do poema “tengo miedo”)


TENGO MIEDO


La noche me envuelve
en su capa negra.
La noche me arrulla
con sus silencios.

¡Tengo miedo!

En la oscuridad,
un gran ogro
desde la percha
me observa.

Bajo mi cama
dos pequeños monstruos
me acechan.

¡Tengo miedo!

La noche me envuelve,
la oscuridad me aterra.

¡Tengo miedo!

Con la manta,
me tapo
y me escondo.

Mi corazón
galopa y palpita.

Meto la cabeza
bajo la almohada.
Y grito sin voz:
¿Cuándo será mañana?

LUCÍA SOLANA

Os obxectivos que se pretenden acadar:
Facilitar o desenvolvemento de habilidades e destrezas relacionadas có uso da linguaxe escrita empregando poemas e imaxes.
Fomentar a adquisición de hábitos de lectura e escritura dende os primeiros anos coa intención de aumentar a súa competencia lingüística, tal como establece a LOE.
Promover o desenvolvemento das distintas capacidades do alumnado
( lingüísticas,pragmáticas,cognitivas…) a través de propostas de lectura e escritura creativas.

En resumo, trátase de desenrolar todas as capacidades do alumnado, partindo dun texto ou imaxe, e traballando todos os tipo de texto que nos sexan posible e a través de todas as formas de expresión ( oral, escrita, corporal, plástica…), todo moi envolto en creatividade e nun ambiente agarimoso e de respeto.
Espero que coa proposta de actividades e cos traballos dos alumnos e alumnas se vexa máis claro o que se pretende.

ACTIVIDADES:

1ª SECUENCIA:
Lectura do poema, por parte da mestra.(sen dicirlles o título)
Conversa sobre o que lles parece, de que fala, se lles gusta…
Que título lle poñerías ao poema.(Os nenos din e a mestra apunta na pizarra)
Charla sobre as súas propostas( cal é máis longo…) e o que lle puxo a autora.
Debuxamos o que nos di o poema.

2ª SECUENCIA.
- Quen escribiría este poema, cando, onde, como estaría vestido…
- Cada neno/a vai escribir a biografía da escritora do poema e debuxala.
- Exposición colectiva.

3ª SECUENCIA:
- Buscamos e copiamos as palabras que máis nos gusten, ou as que nos soen raras.
- Facemos un mural coas palabras.
- Por parellas, inventarán unha historia coa palabra que elixan.
- Por equipos xuntarán as historias, e crearán outra nova historia (coas idades dos nosos nenos e nenas, esto farase oralmente e logo represéntanas a través da plástica )

4ª SECUENCIA:
- Releemos o poema, con distintas entoacións, os nenos e nenas axudan dramatizando.
- Conversa sobre “a que lle temos medo”, cada quen explica os seus medos.
- Que podemos facer para axudar a os nosos amigos a vencer os medos, (elaborar unha receita quitamedos,outro poema…)

5ª SECUENCIA:
- Presentación das imaxes.
- Que imaxe lle poñerías ao poema, por qué,…
- Decimos cal é a imaxe que vai asociada.
- Preguntamos: qué pasa, que pasou antes, que pasará despois…
- Como axudarlle á nena para que non teña medo( escribirlle unha carta, …)
- Creamos unha nova colección de imaxes ou caras que expresen medo( con fotos dos nenos/as)

6ª SECUENCIA:
- Inventamos monstros,… que non den medo, que den risa. Debuxamos os bocetos e logo fabricámolos con distintos materiais de refugallo.( Por equipos)
- Poñémoslles nomes e creamos diálogos, ou pequenas historias.
- Facemos teatro cos monstros creados.
- Imaxinamos que somos fabricantes de monstros e temos que facer un anuncio para poñer en xornais e revistas.
- Etc, etc.


Anímovos a que probedes os resultados son asombrosos, os cativos pásano xenial, perden o medo a falar en público, a escribir ( como eles saben) eu neste intre valoréi o que querían transmitir, non importa como o facían, ahí estamos nós para transcribir; non importaba tanto a correspondencia das letras nas palabras( porque aínda non chegaron a esa fase)como a coherencia ou o sentido dos seus escritos.

Isto comezou cun poema, pero tamén podería comezar: cun conto, cunha noticia…

quarta-feira, 12 de dezembro de 2007

A visita o Belén Artesanal de Valga




Onte, pola tarde, visitamos en compaña de mamás, papás, irmáns e outros familiares o BELÉN ARTESANAL de VALGA.
Algúns datos sobre este Belén:
E realizado todo por un grupo de veciños, coa colaboración do Concello.
Extensión: 200.metros cadrados
Figuras: 1200
Figuras con movemento: 315
Bombas de auga: 5
Luces: 8000 bombillas
Cableado: 30000 mts.


Horario:
Do 2 de Decembro de 2007 ata o 13 de Xaneiro de 2008.
Luns a Venres: 17.30-20.30
Sábados: 17.00-21.00
Domingos e festivos: 12.00-14.00 17.00-20.30
Resto do ano (Xaneiro-Decembro)
Previa Concertación de Cita Chamando ao 986 55 94 56 – 630 95 25 15

Unha vez alí, miramos todo, logo realizamos unha ficha que levou a profe preparada e na que tiñamos que buscar algo no Belén e debuxalo, coma por exemplo: a banda de música, o trasno do río, a consulta do doutor,un campo de fútbol, a Bella Otero, unha muller muxindo a vaca …só por estas pistas podedes deducir que é un Belén extraordinario, que gusta a grandes e a pequenos, ou polo menos non deixa indiferentes a ninguén. Despois tamén había que debuxar na mesma tarxetiña o que máis che gustara. Finalmente, asinamos no libro de visitas. Marchamos, pero non sen antes botarlle unhas moedas á señora-robot, que está delado da porta de saída, que che facía unha reverencia e dicía “ Dios cho pague”.( A entrada é totalmente gratuita, esto é unha gracia para os cativos)
Foi unha tarde completa, xa que a poucos metros do Belén, atópase outro lugar fantástico para o esparcemento, a lagoa de “ Mina Mercedes”, cun amplo paseo, darredor da lagoa, con parrulos, ocas, cisnes e algunha que outra ave migratoria que pasa por esta paraxe acolledora. Tamén hai uns poucos aparatos para facer ximnasia, aquí desfrutaron os nenos e nenas e tamén algunha mamá.

Valga sempre pode ser un bó lugar para visitar, aínda que non sexa Nadal.

FELICES FESTAS A TODOS. SAUDIÑA.

terça-feira, 11 de dezembro de 2007

Construindo Pontes con Aguiño

Comezamos a construir unha ponte"virtual" entre as dúas beiras da Ría de Arousa, dun lado estamos nós, en Catoira, no inicio da Ría( na desembocadura do río Ulla) e na outra banda, xa tocando o Océano Atlántico, está o cole de Aguiño. A primeira pedra foi un libro cos nomes dos nenos e nenas de Aguiño, e pola banda de aquí, foi o envío por email das fotos e as rimas dos nosos nomes. Isto promete, animo a todos os colexios que creen vínculos con outros, isto parece prometer grandes descubrementos e moita axuda no desenrolo dos nosos proxectos.