sexta-feira, 25 de janeiro de 2008

Os números de Robert Indiana

ALGUNHAS OBRAS QUE ATOPAMOS DE ROBERT INDIANA.Se alguén atopa máis artistas, productores de números agradecemos a información

actividades cós números

Algúns números cazados no noso entorno

CAZADORES DE NÚMEROS



Este curso convertímonos en "cazadores" de números, tentamos que os números( igual que as letras) non sexan da escola,tal como o perciben os nenos/as pequenos, os números están na rúa, nas casas, na roupa, no supermercado,nos vehículos...Reflexionamos sobre a súa utilidade e como sería un mundo sen números, aprendemos cancións e xogamos con eles, a coselos, no bingo, en dominós...Levamos cámara fotografica as casas por turnos, sacamos fotos dos números que atopamos, tamén trouxemos etiquetas, billetes de tren, metro, avión... Pesámonos, medímonos,buscamos os números en noticias, contos, comparamos, estimamos pesos, medidas...
Tamén buscamos números en obras de arte,e inventamos historias...Finalmente atopamos en internet a un artista que pinta e exculpe números e letras e Robert Indiana.

quinta-feira, 24 de janeiro de 2008

Chega o ENTROIDO.... aí VEN O BURRO





Unha tradición que boto de menos e parece esquecida. Aí van os burros de Entroido dos nenos e nenas de Baiuca, para todos os que queiran compartir esta brincadeira do Carnabal.

quarta-feira, 23 de janeiro de 2008

Cos mellores desexos para todos os nenos e nenas do mundo





O 30 de Xaneiro "Día da PAZ" oxalá que algún sexa de verdade ese día. Paz para todos, na familia, no pobo, no país, e no mundo. Moito cariño para todos os nenos e nenas deste planeta.

quarta-feira, 9 de janeiro de 2008

¡SORPRESA, SORPRESA ! 2


¡ SORPRESA! ¡ SORPRESA! 2...

Venres 21 de decembro:
Visítannos os REIS MAGOS, e traen contos para todos, tamén os acompaña un paxe real que recolle as nosas cartas.

terça-feira, 8 de janeiro de 2008

Chegou PAPÁ NOÉL

O teatro de Nadal

¡SORPRESA, SORPRESA! 1


¡ SORPRESA! ¡ SORPRESA! 1...

Este vai ser un Nadal moi especial, estaremos sós no noso centro pero teremos máis sorpresas que nunca.
Xoves 20 de decembro: TEATRO e ....
Logo de facerlles eu a proposta na reunión xeral coas familias a comezos de curso, algunhas mamás, avoas e un papá animáronse a representar unha pequena obra de teatro. Quero felicitalos a todos e todas deixáronnos pampos, mudos e emocionados a grandes e pequenos. ( Estamos esperando a próxima.) E se isto non fose suficiente, tamén veu PAPÁ NOÉL cargado de agasallos.
Por certo, os nenos e nenas tamén entoaron moi ben unha panxoliña.
GRAZAS familias pola vosa colaboración.
Feliz ano 2008 a todos.

Montando o BELEN

Xa está aquí O NADAL



¡ XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!

Polo Nadal todo cambia, tamén as escolas. Na nosa aparecen novos elementos, a árbore de Nadal, vestimos a Risitas ( a nosa mascota) de Papá Noél e preparamos o Belén, aproveitamos para facer figuriñas de papel de aluminio( dos envoltorios dos bocatas) e outros materiais de refugallo, coa axuda da profe Tamara que estivo con nós un mes de prácticas, xa a estamos botando de menos.

Nas estrelas do mural, puxemos os nosos mellores desexos para estas festas: paz, amor, non pelexar, ser amigos, roupa para os pobres...
Tamén escribimos as cartas para os Reis Magos, este ano un pouco diferentes, aparte dos xoguetes, que é algo inevitable non poñer porque para os nenos destas idades son prioritarios,éstes xa non ocuparon a maior parte da carta e priorizamos outros desexos logo dunha breve reflexión có alumnado e así saíron cousas tan interesantes como:
Desexo que:
mamá: xogue máis conmigo, me deixe axudarlle nos seus traballos, me conte cousas de cando era pequena...
papá : me leve un día ao zoo, ao cine...me deixe axudarlle a botar a roupa na lavadora, me leve un día ao seu traballo, me lea contos...
Pensandoo ben, se se lle cumplen estes desexos, non precisarían ningún xoguete, porque todo o que piden é moito máis importante na vida dun cativo, para o seu desenvolvemento afectivo e /ou emocional que repercutirá no desenvolvemento global do neno e da nena, xa que vivimos nun mundo con demasiados xoguetes e os nenos e nenas están xogando sós, sen falar con ninguén, diante da tele, do ordenador, da wii...