quinta-feira, 7 de maio de 2009

Unha viaxe polo espazo


Este é o noso "planetario".


Que estamos moitas veces nas nubes, iso pásalles a moitas persoas, pero ir máis alá, só a uns privilexiados coma nós, os nenos e nenas da Baiuca levamos case dous meses viaxando polo espazo exterior,pola Galaxia, imos visitando todos os planetas na procura de axuda para o noso amigo alieníxena Numeletre. Agora imos ensinarvos algunhas cousas que fixemos, tamén nos axudou a profe Tamara, que estivo con nós un mes e xa a botamos de menos.