terça-feira, 22 de junho de 2010

ÚLTIMAS ACTIVIDADES

BÓ VERÁN A TODOS!


Susi pensou " a vasoira para min, que teño moito que barrer"

XOGAMOS


CANTAMOS




PARODIAMOS CHISTES






REPRESENTAMOS " A FLOR MÁIS BELA DO MUNDO "


CUMPLE DE JAVI E FESTA FIN DE CURSO

FIN DE CURSO

Outro curso que remata, moitas cousas nos deixa nas carpetas, nos proxectos, en fotos, neste blog, na revista...en fin un montón de experiencias e lembranzas na memoria, no corazón... Chegou o día, hoxe gardamos todo na nosa mente e no corazón e con moita mágoa despedímonos dos compañeiros( Javier e Daniel)e da compañeira ( Noelia) que en Setembro continuarán a súa andaina no cole de Catoira, alí seguirán cargando a súa " mochila" de novas vivencias que formarán ano tras ano a súa personalidade.¡Boa viaxe e bó desembarco, amiguiños!
Da mesma maneira despedímonos da profe Lorena, ela tamén nos deixa un legado importante, ocupou o seu propio espazo na nosa vida e xa pasou a formar parte da nosa " mochila " e aquí permanecerá para sempre. Lorena, con todos os nosos mellores desexos " que che vaia bonito ".


Despedida emotiva da profe Lorena por parte dos pais e nais dos seus alumnos/as. Grazas a todos e todas.

quinta-feira, 10 de junho de 2010

Visita á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO




Repoñemos forzas, logo dunha tarde tan intensa, volvemos no tren moi relaxados, pero aínda nos atrevemos a recitar un pouco para os demáis pasaxeiros do tren.


Antes de ir para a estación, aínda tivemos un ratiño para ir ver os animais da paxarería que hai alí ó lado. Mágoa que chuviscara!









Na estación agardando o tren


O día 8 deste mes, collemos o tren en Catoira, cantamos unhas cancións e recitamos uns poemas e nun plisplás chegamos a Padrón, camiñando uns poucos metros chegamos á casa de Rosalía, o primeiro que fixemos foi unha ofrenda floral, nese intre apareceron uns turistas ós que lle recitamos uns poemas moi coñecidos de Rosalía ( Adiós ríos, adiós fontes...)logo entramos e fomos escudriñando tódolos encantos que agochaban as dependencias da casa da nosa poetisa máis internacional.
Imos velo todo en fotos veredes que ben o pasamos.

Día do medio ambiente


Unha pequena reflexión sobre como coidar o noso planeta que cada día o necesita máis. É nos pequenos detalles cotiás onde está parte da solución: apagar as luces cando non as necesitamos, pechar a billa, non malgastar o papel,...