sexta-feira, 30 de abril de 2010

Charla sobre " O doce mundo do mel de Galicia"



Despois da charla, debuxamos.






CATAMOS O MEL ( algúns, hai un dito "que a ninguén lle amarga un doce", pero aínda que non amarga pode ser que non nos guste. Pero este mel sí que estaba RIQUÍSIMO para os que nos gusta)

O AFUMADOR

O APICULTOR PABLO


PANAL COA CERA

Hoxe 30 de abril de 2010, recibimos unha visita que foi docemente acollida e despedida, con petición de sinaturas incluídas: Veu Beatriz, unha monitora do Consello Regulador de Mel de Galicia e ensinounos moitas cousas sobre o mel, probámola e agasallounos cun conto e un caderno de pasatempos, Pablo e as profes probaron o traxe de apicultor e pasámolo moi ben, esperamos que volva o ano que ven, pois deixounos un bó sabor de boca.

Día da árbore






O día da árbore celebrámolo realizando unha actividade que denominamos "CADA ÁRBORE UN NOME", así que puxémonos mans á obra e cada árbore ou arbusto do noso xardín tivo o seu nome, aí podedes vernos poñéndolle as estacas cos nomes.