domingo, 29 de maio de 2011

Proxecto " AS NOSAS ÁRBORES"









OUTRAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS O DÍA DO MEDIO AMBIENTE.








Do noso proxecto sobre as árbores realizamos este vídeo cos nomes dalgunhas árbores de Galicia, en galego e castelán.




" OUR TREES" for our friends from U.K. and their teacher Anne.

Convivencia no CPI Progreso








Con motivo da celebración das Letras Galegas, as escolas unitarias de Catoira, pasamos unha mañá de convivencia no CPI Progreso.
Visitamos as distintas dependencias do centro:
- Biblioteca
- aulas de 1º
- comedor
- edificio de Infantil( onde compartimos merenda todos xuntos convidados polo cole)
Os nenos e nenas da Baiuca representaron unha pequena obra de teatro e recitaron o poema completo de Adiós ríos, adiós fontes da nosa poetisa favorita Rosalía de Castro.
Os do CPI fixeron tamén un teatro de títeres.

domingo, 8 de maio de 2011

LETRAS GALEGAS 2011



Este ano o autor homenaxeado é Lois Pereiro. Cada neno/a realizou unha caricatura del que se pode ver na contraportada do libro. Pero a nosa protagonista indiscutible deste día é Rosalía de Castro.
Esperamos que vos guste o libro que fixemos co seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" e tamén con varios poemas da autora Concha Blanco do seu libro "Poemas para pintar"
O video que vos amosamos inclúe ademáis o poema de Rosalía con ritmo merengue da orquesta Charlestón Big Band.
Aquí vemos como os nenos disfrutaron con este libro xigante que ata podían agocharse dentro.

Sigamos mimando a nosa língua.