quinta-feira, 30 de junho de 2011

PALABRAS ANDARINAS DE AGUIÑO

Antes de rematar as clases recibimos as Palabras Andarinas de Aguiño, grazas por compartilas con nós, pois déronnos moito xogo: clasificalas,(grandes e pequenas,as que se moven e as que non...) fixemos distintas formas e pasámolo moi ben.
Para o vindeiro curso seguiremos compartindo. Biquiños a todos.



quarta-feira, 22 de junho de 2011

FIN DE CURSO - BÓ VERÁN

HOXE CELEBRAMOS O FESTIVAL FIN DE CURSO,DA MELLOR MANEIRA POSIBLE,EN COMPAÑA DAS FAMILIAS, QUE COMO SE PUIDO VER Ó LONGO DE TODO O CURSO, ESTIVERON SEMPRE AÍ Ó CEN POR CEN. GRAZAS A TODOS, SODES ESTUPENDOS,CON NENOS/AS E FAMILIAS ASÍ DA GUSTO TRABALLAR.
FOI TODO MARABILLOSO, PERO O PEOR DAS FESTAS FIN DE CURSO SON AS DESPEDIDAS, O ADEUS ÓS QUE SE VAN,HAI TRISTEZA NO AMBIENTE, NOS NENOS/AS E NAS MESTRAS, DESPEDIMOS DE FORMA ESPECIAL Á PROFE DAS ESTRELIÑAS " PATRICIA VILELA SILVA" PERO VAIAS ONDE VAIAS LEMBRA QUE NA BAIUCA XA FIXECHES HISTORIA E DEIXAS UNHA MOREA DE AMIGOS/AS (perdón por non dispoñer de foto coa entrega dos agasallos das mamás).
TAMÉN SE VAN AS CHICAS E O CHICO MAIORES PARA PRIMEIRO: AINARA, LUCÍA,MARÍA E PABLO (moita sorte, nesa nova andaina que comezades no mundo dos maiores)
Tamén marchan algunhas estreliñas a dar luz noutros ceos, oxalá sigades brillando igual de ben: Sabela, Martín, Hugo e Alex.
AS MESTRAS DESEXAMOS QUE PASEDES UN BÓ VERÁN E QUE NO VINDEIRO CURSO SIGAMOS TODOS TAN BEN.
Agora desfrutade dalgunhas fotos do noso festival.






REPRESENTANDO A "OURIZA FACHENDOSA"









REPRESENTANDO "CORRE CORRE CABACIÑA"



RECITANDO A ROSALÍA






BAILANDO

segunda-feira, 20 de junho de 2011

Excursión




As anécdotas da granxa. Que divertido meterlle a man na boca a un can.











O pasado 15 de xuño fomos ó Parque de bombeiros de Ribadumia e á Granxa Serantellos de Cambados. Pasámolo moi ben, especialmente nos bombeiros, estiveron moi emocionados e ata preocupados cando as mestras subiron á escaleira de 30 metros de alto.
Aí van unhas fotos de mostra.