segunda-feira, 2 de novembro de 2009

CURSO 2009-2010

Un novo curso xa está aquí, nesta nova andaina estaremos moi ben acompañados por 10 coleguiñas novos de 3 anos ( A clase dos COELLIÑOS, coa súa mascota o coelliño ROBI) e pola profe Lorena, os maiores seremos 7 e estamos na clase dos DINOSAUROS coa nosa mascota o BAIUCASAURO.


quinta-feira, 7 de maio de 2009

Unha viaxe polo espazo


Este é o noso "planetario".


Que estamos moitas veces nas nubes, iso pásalles a moitas persoas, pero ir máis alá, só a uns privilexiados coma nós, os nenos e nenas da Baiuca levamos case dous meses viaxando polo espazo exterior,pola Galaxia, imos visitando todos os planetas na procura de axuda para o noso amigo alieníxena Numeletre. Agora imos ensinarvos algunhas cousas que fixemos, tamén nos axudou a profe Tamara, que estivo con nós un mes e xa a botamos de menos.


sexta-feira, 17 de abril de 2009

quarta-feira, 1 de abril de 2009

EU SON..TI ES...TODOS/AS SOMOS...


AÍ VAI ESTA REFLEXIÓN PARA O DÍA 2 DE ABRIL : DÍA MUNDIAL DO AUTISMO.

terça-feira, 31 de março de 2009

Os eloxios: EU SON... TI ES...







Outra tarefa que debemos realizar na escola, é o fortalecemento da autoestima,autoconcepto, autovaloración dun mesmo e tamén a valoración positiva dos compañeiros e compañeiras.
Pois aí van as fotos dunha actividade que denominamos: ELOXIOS
1.-A MESTRA TROUXO UN MONTÓN DE ELOXIOS EN TARXETIÑAS, LEUNOS E COMENTÁMOLOS EN CORRO,
2.-LOGO CADA UN DIRÍA O QUE É EL E DARÍALLE A MAN A UN COLEGA PARA QUE EL FAGA O MESMO.
3.-DESPOIS CADA NENO/A DI UN ELOXIO DUN AMIGO E DALLE A TARXETA....FINALMENTE
4.-DEBÚXANSE.
OUTRO DÍA LEMBRAMOS OS ELOXIOS E FAN UNHAS BANDAS DE MISS OU MISTER...SIMPATÍA, INTELIXENTE, AMABLE, BONDADOSO...

segunda-feira, 30 de março de 2009

SEMENTAMOS NO XARDÍN







Sementamos varias especies: tomiño, lavanda, cabazo, chirimoias,landras...

UN TRAGAPELOTAS




Cada venres levamos un conto para casa, un día María levou " Iván no quiere compartir" e o luns sorprendeunos cun tragapelotas que lle axudou a construir a súa mamá, tal como propoñía no conto. Mirade que ben o pasamos, aínda que pouco encestamos.

Xa naceron os muscaris


REPRODUCIMOS


ULIMOS

OBSERVAMOS

quinta-feira, 26 de fevereiro de 2009

Todos xuntos: momias e Faraóns



ANECDOTARIO 2009

VOU RETOMAR O ANECDOTARIO DO 2007, E CONTAREMOS ALGUNHAS FRASES "SIMPÁTICAS" DOS NENOS E NENAS DESTE CURSO. AÍ VAN:
Nesta ocasión a mestra está ensinando un libro sobre Exipto, un neno érguese e sinala(un sarcófago) e di:- profe a que esto parece pintura "clínica"(en vez de acrílica).

* Facendo as rutinas pola mañá, poñendo o tempo a profe di: como está hoxe o tempo?
- Chuvioso(di un neno) , - Non,está soloso (di o encargado)

*Lendo nun libro sobre os Deuses de Exipto, saíu a palabra firmamento e pregúntollles, sabedes que é o firmamento, é un neno responde:
-é cando firmas un contrato ou unha carta.

sexta-feira, 20 de fevereiro de 2009

NO FESTIVAL PASÁMOLO XENIAL



AQUÍ ESTAMOS AS MOMIAS DA BAIUCA

AS CLEOPATRAS DA BAIUCA

O FARAÓN RAMSÉS

quarta-feira, 18 de fevereiro de 2009

As nosas cousas sobre Exipto



O noso mapa conceptual sobre Exipto

Debuxando momias

Faluca con exipcios

Pirámide





Nesta foto aparecen todas as cousas que preparamos as tres escolas unitarias para o festival.