sábado, 18 de dezembro de 2010
sexta-feira, 17 de dezembro de 2010
O PAN DE MILLO
O millo foi e segue sendo un cereal moi importante para o ser humano, forma parte da nosa alimentación e tamén da dos animais.
Despois de recoller as mazarocas e debullalas,( a man,na aula),decidímonos a realizar todos os pasos para finalmente facer o PAN DE MILLO.
Imos ver todo en imaxes:
CRIBANDO O MILLO
PENEIRANDO A FARIÑA
AMASANDO
O RESULTADO FINAL DE TODAS AS NOSAS TAREFAS: ESTE FANTÁSTICO PAN
DEGUSTACIÓN

quarta-feira, 29 de setembro de 2010
UN BONITO DÍA DE TRABALLO
CURSO 2010/2011
ESTAMOS DE VOLTA, COAS PILAS RECARGADAS E CON MOITAS GAÑAS DE APRENDER, EXPERIMENTAR, INVESTIGAR E DESFRUTAR CON TODAS AS AVENTURAS QUE NOS ESPERAN ESTE ANO DENTRO E FORA DA ESCOLA, XA ESTAMOS LISTOS.
BENVIDOS: ADRIÁN, LOIS, EITOR E ALEJANDRO, OS NOVOS COMPAÑEIROS DE 3 ANOS E A PROFE PATRICIA.
BENVIDOS: ADRIÁN, LOIS, EITOR E ALEJANDRO, OS NOVOS COMPAÑEIROS DE 3 ANOS E A PROFE PATRICIA.
terça-feira, 22 de junho de 2010
ÚLTIMAS ACTIVIDADES
FIN DE CURSO
Outro curso que remata, moitas cousas nos deixa nas carpetas, nos proxectos, en fotos, neste blog, na revista...en fin un montón de experiencias e lembranzas na memoria, no corazón... Chegou o día, hoxe gardamos todo na nosa mente e no corazón e con moita mágoa despedímonos dos compañeiros( Javier e Daniel)e da compañeira ( Noelia) que en Setembro continuarán a súa andaina no cole de Catoira, alí seguirán cargando a súa " mochila" de novas vivencias que formarán ano tras ano a súa personalidade.¡Boa viaxe e bó desembarco, amiguiños!
Da mesma maneira despedímonos da profe Lorena, ela tamén nos deixa un legado importante, ocupou o seu propio espazo na nosa vida e xa pasou a formar parte da nosa " mochila " e aquí permanecerá para sempre. Lorena, con todos os nosos mellores desexos " que che vaia bonito ".
Despedida emotiva da profe Lorena por parte dos pais e nais dos seus alumnos/as. Grazas a todos e todas.

quinta-feira, 10 de junho de 2010
Visita á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO
Repoñemos forzas, logo dunha tarde tan intensa, volvemos no tren moi relaxados, pero aínda nos atrevemos a recitar un pouco para os demáis pasaxeiros do tren.
Antes de ir para a estación, aínda tivemos un ratiño para ir ver os animais da paxarería que hai alí ó lado. Mágoa que chuviscara!
Na estación agardando o tren
O día 8 deste mes, collemos o tren en Catoira, cantamos unhas cancións e recitamos uns poemas e nun plisplás chegamos a Padrón, camiñando uns poucos metros chegamos á casa de Rosalía, o primeiro que fixemos foi unha ofrenda floral, nese intre apareceron uns turistas ós que lle recitamos uns poemas moi coñecidos de Rosalía ( Adiós ríos, adiós fontes...)logo entramos e fomos escudriñando tódolos encantos que agochaban as dependencias da casa da nosa poetisa máis internacional.
Imos velo todo en fotos veredes que ben o pasamos.
Assinar:
Postagens (Atom)