sexta-feira, 10 de outubro de 2008

XA ESTAMOS AQUÍ - con FAUSTO C. ISORNA


XA ESTAMOS DE VOLTA.Novo curso e novas incorporacións, temos catro migallas novas: Pablo, Lucía, Ainara e María, benvido e benvidas.
Pois a verdade é que comezamos o curso moi ben, moi requeteben. Lembraredes que a finais do curso pasado traballamos o cómic, da man de Fausto Isorna, debuxante de Catoira, có que intercambiamos correos moi fructíferos; e o día 3 de outubro veu á Biblioteca de Catoira a realizar un obradoiro sobre a banda deseñada, e tivemos a inmensa fortuna de ter un encontro con el. Aí van unhas fotos para que as desfrutedes.

sexta-feira, 20 de junho de 2008

FIN DE CURSO

OUTRO CURSO REMATADO
MÁIS ALUMNOS LICENCIADOS
POR DESPEDIRNOS DOS COLEGAS
IMOS ALGO APOUCADOS
PERO LOGO VEN SETEMBRO
E XA VOLVEMOS A VERNOS
CON ÁNIMOS RENOVADOS.
MOITOS BICOS PARA TODOS
PASADE UN VERÁN RELAXADO
COMENDO MOITOS XEADOS,
E MIRANDO ESTAS FOTOS
ONDE TODOS NOS DIVERTIMOS
BOTAMOS UNHAS RISADAS
E LEMBRAMOS E AÑORAMOS... VOLVER...


terça-feira, 17 de junho de 2008

Fausto Isorna e o cómic






Algúns traballos a partir das portadas do Golfiño de Fausto Isorna.


segunda-feira, 2 de junho de 2008

Mirando a través do bebé

A partir do relato de Anxos Sumai " Mirando a través do bebé" iniciamos un proxecto sobre bebés. Buscamos información, en enciclopedias,revistas especializadas, internet, trouxemos fotos de cando fomos bebés,aproveitamos a visita de Lucía e a súa irmá Marta ( que é un bebé de dous meses) para observar e preguntarlle cousas sobre o bebé.





quarta-feira, 14 de maio de 2008

VISITA DE ANXOS- 13 DE MAIO


NON SE ME OCURRE MELLOR MANEIRA DE CELEBRAR AS LETRAS GALEGAS. NON HAI PALABRAS PARA EXPLICAR O QUE SIGNIFICOU PARA TODOS(ALUMNOS E MESTRA) A VISITA DE ANXOS SUMAI Á NOSA ESCOLA, DESPOIS DE MESES ESCRIBÍNDONOS, MANDANDO FOTOS... POR FIN, CHEGOU, E NON VEU SOA TROUXO AS DÚAS IRMÁS PROTAGONISTAS DALGÚNS DOS SEUS RELATOS (SISI E ELVIRA) ELVIRA ADEMÁIS SORPRENDEUNOS A TODOS CUNHA PRESENTACIÓN EN POWERPOINT SOBRE A VIDA DE ANXOS E CONTESTANDO AS PREGUNTAS DOS NENOS. FOI UN ÉXITO, ROTUNDO. GRAZAS ANXOS ESPERAMOS CONTINUAR, EN VINDEIROS CURSOS, COA TÚA COLABORACIÓN.





terça-feira, 6 de maio de 2008

CAROZOOOOOOOOOOOOOSSSSSSSSS

Seguimos investigando e descubrindo novas posibilidades cos carozos, aí vos queda unha mostra ( de lóxica matemática- o camiño máis longo, medimos… Psicomotricidade, lectoescritura…) E duran, e duran…



Xogamos co serrín

Un elemento novo aparece na nosa escola a partir dun correo que nos enviou Anxos Sumai: O SERRÍN. O primeiro foi ulilo, logo tocalo e finalmente disfrutalo. Tentamos parecernos a Anxos debuxando nel, escribindo, facendo neve…foi toda unha experiencia. Tamén o misturamos con pintura, e tamén o pegamos facendo o nome de Anxos. Grazas ao avó de Sergio que nos pasou unha bolsa de serrín.




segunda-feira, 14 de abril de 2008

ANXOS SUMAI

A motivación ía en aumento a medida que descubriamos mais cousas de Anxos, polo que se fixo indispensable elaborar un plan de traballo.
FASES:
QUE SABEMOS / QUE QUEREMOS SABER / ONDE BUSCAR INFORMACIÓN / COMO ORGANIZAR A INFORMACIÓN







Buscando información en Internet:
Poñemos o nome de Anxos Sumai en google e aparecen varias páxinas que falan sobre ela... Nunha desas web: www.culturagalega.org,( publica os seus escritos semanais: Anxos ou diaños) aparece o seu correo, e apuntámolo para posteriormente contactar con ela. Este sería o comezo dun fermoso e apaixonante proxecto, nunca antes contactaramos cunha personaxe famosa e ademais tan accesible, Anxos foi, desde o primeiro correo un encanto, contestounos a todo, enviounos fotos ... e temos data prevista de visita á nosa escola, pódese pedir máis? Non, imos sobrados. Por se fose pouco síguenos a través deste blog e déixanos comentarios, e sabedes cal foi a primeira reacción dos cativos cando rematéi de lelo, nada menos que un fervoroso aplauso, se isto non é capaz de emocionar a ninguén entón estamos facendo algo mal, pero a min aínda me emociona e me di que por este camiño imos ben, e mellor iremos se Anxos nos acompaña. Isto promete unha longa e duradeira amizade, de incalculable valor para todos/as ( alumnado e mestra)
VALORACIÓN:

Quero animar a outros centros a que traballen con distintos textos e diferentes autores, non hai porque ler un libro enteiro, podemos darlle opcións aos alumnos/as que escollan relatos ou capítulos, de todos podemos aprender, non elexir os libros só pola idade. E tamén dicirlles aos escritores que se acheguen máis aos lectores, hoxe en día internet tráenos o mundo á escola e as casas, porque non os escritores, ilustradores... non é imprescindible que veñan en persoa, pero para os nenos/as poder escribirlle a alguén que lle vai responder é a maior motivación que existe para “ animar a ler e escribir”.
Para os mestres/as de Infantil e Primaria, vouvos dar as miñas razóns para seguir traballando en vindeiros cursos con Anxos Sumai
( principalmente co seu libro “ Melodía de días usados” ) porque con cada relato podo plantexar un pequeno proxecto ( lingüístico, histórico, matemático, de animais, natureza...) que van permitir o desenvolvemento de diferentes competencias no alumnado, desde buscar información en enciclopedias, nos diccionarios, en internet... organizar esa información en mapas conceptuais, desenvolverán competencias lingüísticas, plásticas... Botarlle un ollo a algún dos seus relatos e comprenderedes o que quero dicir.

ANXOS SUMAI





Proxecto: PERSOEIROS ILUSTRES DO NOSO CONCELLO
Xa levamos desde o Entroido con este gran proxecto que vai encabezado e liderado pola escritora ANXOS SUMAI , máis adiante tamén iremos coñecendo a Fausto Isorna, que tal como di o título do proxecto son persoeiros catoirenses, pero ademais Anxos é veciña da nosa escola.

Motivación:

Para traballar con Anxos Sumai, a motivación, interese e curiosidade dos cativos, foi doada de fomentar, xa que nun primeiro momento so lles dixen que iamos ler un libro de maiores(sen debuxos) “MELODÍA DE DÍAS USADOS”,e comezamos a ler os seus relatos, un día líallo e falabamos sobre do que relataba, ó día seguinte relémolo e facían un debuxo, outro día eran os nenos os que continuaban a historia( que pasou despois…?) e así con varios relatos. Tamén resultou interesante porque nos relatos fala de cousas cotiás, familiares, de temas que lles gustan os nenos. Esta resultou unha forma de ir imaxinando quen escribiría eses relatos,se sería home ou muller, nena ou neno, algúns gustos, de que traballaría... fixemos as nosas hipóteses e preguntámonos onde poderiamos saber mais, alguén apuntou que no libro por detrás había unha foto, lemos o que pon. O feito de descubrir que era de Catoira fíxonos fervelo sangue a todos.






segunda-feira, 7 de abril de 2008

Historia dunha pinga de auga

Experimentación xeada

Gracias a os nosos amigos e amigas e á profe da escola de Xanza por contarnos o experimento que fixeran na súa escola sobre un iceberg, causounos moito interese, e houbo quen nos trouxo a auga conxelada da casa( unha botella) para que nos tamén o puderamos experimentar ( faltounos o sal) pero aproveitamos para experimentar outras cousas. Logo de probar a auga da billa coa man, comprobamos que ao introducirlle o xeo (iceberg, que flotaba), a auga da bañeira cada vez estaba máis fría. E antes de que rematase todo desconxelado, vimos que tiña forma de lápis ( moi resbaladizo e co que non podiamos estar traballando moito tempo porque nos conxelaba as mans) e fixemos un sinxelos debuxos, en cartulina branca( apenas se notaban) e en cartulina de cores, para darlle máis perpetuidade á nosa obra, repasámola con xiz. Neste experimento feito aposta, poderíase usar auga con colorante, con tinta … e o xeo pintaría só, ben aí queda a idea e cada quen que investigue. A verdade é que gustou moito e en pouco tempo comprendemos as dificultades dos animais e persoas que viven nos Polos, sen embargo ¡ qué ricos os xeados nun día caluroso!
Muito brigado coleguiñas.


sexta-feira, 28 de março de 2008

Proxecto: Os terremotos

A raíz dunha noticia do xornal que falaba sobre un sismo que sacudira a zona de Ribeira e arredores, preocupounos o tema porque en Ribeira están os nosos amigos e amigas do cole de Aguiño, asi que decidimos investigar sobre os terremotos.
Buscamos información en Internet, en enciclopedias( que trouxeron os nenos e nenas da escola), nos diccionarios... Xuntamos toda a información nun recuncho, lémola,interpretámola( con distintas linguaxes: oral, escrita, plástica e corporal) consultámola cando precisamos, e finalmente xogamos a representar que facer durante e despois dun terremoto; menos mal que aquí os sismos non acadan a magnitude que nos representamos. Oxalá tampouco pasaran de 6 en ningún lugar do mundo.

quinta-feira, 13 de março de 2008