quinta-feira, 10 de junho de 2010

Día do medio ambiente


Unha pequena reflexión sobre como coidar o noso planeta que cada día o necesita máis. É nos pequenos detalles cotiás onde está parte da solución: apagar as luces cando non as necesitamos, pechar a billa, non malgastar o papel,...

domingo, 23 de maio de 2010

Visita despedida de Graeme


Unha grande aperta de despedida.


bailando



A bandeira escocesa



Graeme volveu á nosa escola para despedirse, xa lle quedan poucos días para estar connosco, volve a Edimburgo, non sen antes vir ó noso centro e compartir máis cousas con nós, foi estupendo coñecelo, aprendemos un montón de cousas sobre Escocia e pasámolo moi ben, ensinounos fotos da súa cidade, cantounos cancións, fixemos xogos, bailes... Grazas Graeme, déixasnos unhas lembranzas extraordinarias. Thank you very much, esperamos que che vaia moi ben.

sexta-feira, 21 de maio de 2010

Letras Galegas


Despertando a imaxinación





O día 10 de Maio, acudíu á nosa escola o contacontos " Marioneto", con motivo da celebración da semana das Letras Galegas. Marioneto contounos moitas historias, incluso con títeres, pasámolo moi ben ( grandes e miúdos). Tamén pasamos moita calor, fixo unha tarde de sol radiante e eramos mogollón para ver a actuación.

quarta-feira, 12 de maio de 2010

Premio



Gracias aos colegas de Muros, por enviarnos este premio, eles tamén teñen un blog moi chuli.Se queres ver o seu blog fai clik aquí

domingo, 9 de maio de 2010

Unha canción divertida

Un libro de bicos



Non debería ser necesario un libro con esta temática, debían ser algo tan cotiá como comer, camiñar ou respirar. Son imprescindibles en todas as etapas da nosa vida, especialmente na nenez e na vellez. Moitos bicos para os meus alumnos e alumnas e para todos os avoíños e avoíñas do mundo! A lot of kisses!

23 de abril día do libro


Os libros tamén se poden elaborar, coma estes que fixemos na nosa escola, cun conto, un poema, unha canción, uns refráns, unhas adiviñas e un chiste.

Hai libros que nos convidan a viaxar coa imaxinación, que nos transportan a lugares incribles, outros arrólannos, outros fannos bailar, cantar,...e algúns dannos gañas de dar apertas e bicos.
Mira ben cada vez que agasallas cun libro, abres unha porta a un mundo, cara cal queres que vaia o seu lector?

sexta-feira, 30 de abril de 2010

Charla sobre " O doce mundo do mel de Galicia"



Despois da charla, debuxamos.






CATAMOS O MEL ( algúns, hai un dito "que a ninguén lle amarga un doce", pero aínda que non amarga pode ser que non nos guste. Pero este mel sí que estaba RIQUÍSIMO para os que nos gusta)

O AFUMADOR

O APICULTOR PABLO


PANAL COA CERA

Hoxe 30 de abril de 2010, recibimos unha visita que foi docemente acollida e despedida, con petición de sinaturas incluídas: Veu Beatriz, unha monitora do Consello Regulador de Mel de Galicia e ensinounos moitas cousas sobre o mel, probámola e agasallounos cun conto e un caderno de pasatempos, Pablo e as profes probaron o traxe de apicultor e pasámolo moi ben, esperamos que volva o ano que ven, pois deixounos un bó sabor de boca.

Día da árbore






O día da árbore celebrámolo realizando unha actividade que denominamos "CADA ÁRBORE UN NOME", así que puxémonos mans á obra e cada árbore ou arbusto do noso xardín tivo o seu nome, aí podedes vernos poñéndolle as estacas cos nomes.

sábado, 6 de março de 2010

THANK YOU VERY MUCH GRAEME



Hoxe, xoves 4 de marzo, recibimos unha visita moi agardada, xa que nos non podemos ir a Escocia, un anaquiño de Escocia chegou a nós, ben, chamarlle anaquiño a Graeme é un xeito de falar, xa que ides ver realmente o alto que é. Graeme ven de Edinburgh (Scotland) está de lector no IES de Valga,e logo de contactar con él,accedeu amablemente a visitarnos(ademáis vestido de gala), con el aprendemos moitas cousas en inglés sobre Escocia, isto axúdanos a ampliar os nosos coñecementos sobre o país dos nosos amigos do etwinning ( de Glasgow).
Grazas Graeme, esperamos volver a vernos.
See you soon.

terça-feira, 23 de fevereiro de 2010

O ENTROIDO- CARNIVAL


Para nuestros colegas de Glasgow "Carnival is a traditional festival in Galicia.We are eating typical carnival desserts( orellas, filloas e rosquillas)"




sexta-feira, 12 de fevereiro de 2010

terça-feira, 26 de janeiro de 2010

Teatro " O agasallo de Xesús"




Os maiores en acción. Thank you everyone. The Christmas festival was very beautifull with your collaboration, with your theatre play.

sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

O APALPADOR BAIXOU ATA A BAIUCA






Non é nada novo,a celebración do festival do Nadal, como en todos os colexios, cántanse panxoliñas,represéntanse obras de teatro,... Nesta ocasión na nosa escola leváronse a cabo tamén esas actuacións:
1º O alumnado interpretou unha panxoliña en galego e outra en Inglés.
2º Viñeron os Reis Magos con agasallos ( grazas á colaboración do Concello)
3º As mamás/papás e algunha tía representaron a obra de teatro" O agasallo de Xesús" ( Grazas a todos)
4º A SORPRESA- O APALPADOR:Esta foi a novidade do noso festival de Nadal deste ano, e quedamos todos encantados a ver se para o ano tamén pode volver. Despois de moito camiñar desde as altas montañas, chegou o Apalpador á Baiuca, viña cargado de castañas, noces e avelás e xoguetiños de madeira que el mesmo fixera durante todo o ano coas súas mans. (Grazas as mamás/familias pola súa colaboración, realmente foi unha grande sorpresa.