domingo, 13 de fevereiro de 2011

PEACE for everybody in everywhere





Realizamos un debuxo no que todos lle pintamos a todos unha boliña no seu verme despois faremos un libro con todos titulado "o verme solidario"



Reflexionamos sobre o ben que estamos nós e con que dificultades teñen que vivir outras persoas no mundo.

Miramos o conto da " Princesa Paz"


Realizamos coa profe Carmen un colgante.

O mural dos nosos sentimentos e ideas para a Paz.

sexta-feira, 28 de janeiro de 2011

CARTA DE INGLATERRA




Remexendo na terra para abrir os surcos para plantar, moitos bichiños atopamos.






A volta das vacacións do Nadal recibimos carta dos nosos colegas de Reino Unido, tamén nos envían sementes de plantas e árbores do seu país.
Xa comezamos a plantar, primeiro no xardín. Plantamos: English Oak e Wild Cherry. Nos vindeiros días plantaremos as outras, algunhas en maceta e outras no xardín.
Esta experiencia forma parte dun proxecto sobre as árbores " OUR TREES" con motivo do "Ano do Bosque" que levaremos a cabo en estreita colaboración coa mestra e os alumnos dun centro de Inglaterra, cos que no curso pasado xa realizaramos un proxecto no etwinning.
Estamos moi entusiasmados con este proxecto,encántanos compartir con outros nenos e nenas as nosas experiencias, mandarlles cousas e recibilas.

FESTIVAL DE NADAL











Grazas a todas as familias do noso alumnado, grazas á vosa colaboración saíunos un festival ben bonito.
Unha aperta moi forte para o APALPADOR, que non faltou á cita cos nenos e nenas da nosa escola,aínda que tivo que percorrer un longo camiño desde as altas montañas(cubertas de neve).
Tres máxicos bicos para os tres REIS MAGOS.
E o noso máis fervoroso aplauso e unha morea de bicos para as nosas artistas de teatro de títeres.¡ARRIBA MAMÁS!
Vexamos unhas imaxes para lembralo.

sexta-feira, 17 de dezembro de 2010

O PAN DE MILLO

O millo foi e segue sendo un cereal moi importante para o ser humano, forma parte da nosa alimentación e tamén da dos animais.
Despois de recoller as mazarocas e debullalas,( a man,na aula),decidímonos a realizar todos os pasos para finalmente facer o PAN DE MILLO.
Imos ver todo en imaxes:

CRIBANDO O MILLO


PENEIRANDO A FARIÑA


AMASANDO


O RESULTADO FINAL DE TODAS AS NOSAS TAREFAS: ESTE FANTÁSTICO PAN


DEGUSTACIÓN

quarta-feira, 29 de setembro de 2010

A Colleita

UN BONITO DÍA DE TRABALLO









Hoxe foi un día diferente na nosa escola, grazas sobre todo á mamá de Andrea, que nos reservou unha pequena leira para escasular e despois convidounos a un pequeno almorzo. Imos ensinarvos as imaxes que falan por si soas.