O noso primeiro poema visual trata de palabras andarinas.
terça-feira, 15 de março de 2011
domingo, 6 de março de 2011
O Entroido
E DESPOIS DO PASEO UNHA BOA COMILONA. GRAZAS FAMILIAS POR TAN RICOS POSTRES.
GRAZAS CHARO POR COSERNOS TODAS AS RAMAS DAS ÁRBORES.
AS ÁRBORES DA BAIUCA SAEN Á RÚA.
CANTANDO:
DE ENTROIDO IMOS
PI PI PI
DA BAIUCA VIMOS
PI PI PI
SOMOS ARBORIÑOS
PI PI PI
E CON PAXARIÑOS
PI PI PI.
----------------------
SOMOS OS NENOS DA BAIUCA
E XA ESTAMOS DISFRAZADOS
PORQUE CHEGOU O ENTROIDO
E QUEREMOS CELEBRALO.
BAILACHES ESTRELIÑA?
- BAILEI SI SEÑOR,
DIME CON QUEN BAILACHES
- BAILEI CUN OURIZO
- BAILEI CUN OURIZO
- BAILEI CUN OURIZO.
BAILACHES ESTRELIÑA?
- BAILEI SI SEÑOR.
XOVES
MÉRCORES
MARTES
LUNS
o NOSO MECO COAS ORDES DO ENTROIDO
OS BURROS
domingo, 13 de fevereiro de 2011
PEACE for everybody in everywhere
Realizamos un debuxo no que todos lle pintamos a todos unha boliña no seu verme despois faremos un libro con todos titulado "o verme solidario"
Reflexionamos sobre o ben que estamos nós e con que dificultades teñen que vivir outras persoas no mundo.
Miramos o conto da " Princesa Paz"
Realizamos coa profe Carmen un colgante.
O mural dos nosos sentimentos e ideas para a Paz.
sexta-feira, 28 de janeiro de 2011
CARTA DE INGLATERRA
Remexendo na terra para abrir os surcos para plantar, moitos bichiños atopamos.
A volta das vacacións do Nadal recibimos carta dos nosos colegas de Reino Unido, tamén nos envían sementes de plantas e árbores do seu país.
Xa comezamos a plantar, primeiro no xardín. Plantamos: English Oak e Wild Cherry. Nos vindeiros días plantaremos as outras, algunhas en maceta e outras no xardín.
Esta experiencia forma parte dun proxecto sobre as árbores " OUR TREES" con motivo do "Ano do Bosque" que levaremos a cabo en estreita colaboración coa mestra e os alumnos dun centro de Inglaterra, cos que no curso pasado xa realizaramos un proxecto no etwinning.
Estamos moi entusiasmados con este proxecto,encántanos compartir con outros nenos e nenas as nosas experiencias, mandarlles cousas e recibilas.
FESTIVAL DE NADAL
Grazas a todas as familias do noso alumnado, grazas á vosa colaboración saíunos un festival ben bonito.
Unha aperta moi forte para o APALPADOR, que non faltou á cita cos nenos e nenas da nosa escola,aínda que tivo que percorrer un longo camiño desde as altas montañas(cubertas de neve).
Tres máxicos bicos para os tres REIS MAGOS.
E o noso máis fervoroso aplauso e unha morea de bicos para as nosas artistas de teatro de títeres.¡ARRIBA MAMÁS!
Vexamos unhas imaxes para lembralo.
sábado, 18 de dezembro de 2010
Assinar:
Postagens (Atom)

