domingo, 28 de dezembro de 2008
Armouse o Belén na Baiuca
Tampouco este ano podía faltar na nosa escola o teatro de Nadal, realizado por un grupo de mamás, tías...dos nenos e nenas da nosa escola. Grazas a todas, estivestes para Oscar, e o máis importante é que todos desfrutamos ( as que actuastes e os que vos vimos)
O argumento pódese resumir en: qué será o que ten o neno Xesús? Todos lle levan agasallos pero el non quere, só quería amor e cariño( que era o que lle ía dar o neno) pero o soldado non o deixaba pasar.
¡¡¡ BRAVO MAMÁS!!!
O argumento pódese resumir en: qué será o que ten o neno Xesús? Todos lle levan agasallos pero el non quere, só quería amor e cariño( que era o que lle ía dar o neno) pero o soldado non o deixaba pasar.
¡¡¡ BRAVO MAMÁS!!!
quarta-feira, 10 de dezembro de 2008
FELICES FESTAS
xa estamos no Nadal
Este curso ideamos facer algo diferente para felicitar o Nadal, realizamos as seguintes actividades:
- Lectura de frases de Nadal( doutros autores)
- Dunha sacamos a idea: onde gardar o espírito do Nadal? ( Remuíño de ideas)
- Facemos frases coas palabras anteriores e finalmente plasmamos algunhas. Aí vai unha mostra.
quarta-feira, 3 de dezembro de 2008
quinta-feira, 20 de novembro de 2008
Consecuencias do outono
A NOGUEIRA ESTÁ ESPIDA,
QUEN A PODERÁ TAPAR
AS NENAS E NENOS
DA NOSA ESCOLA
ÍMOLO ARRANXAR.
FOLLAS CON NOMES
DE PRENDAS DE ROUPA
E MOI LINDA VAI QUEDAR.
No patio da nosa escola temos unha nogueira, todos sabemos o que lle pasa nesta época do ano, pero na nosa escola xa lle atopamos remedio, a ver que vos parece.
Non nos esquecemos de ler algún relato de Anxos Sumai, que nos ven ao pelo co tema.
OUTONO NO PATIO
A nogueira do patio comeza a volverse marrón, a carriza que rodea o pé do limoeiro tínguese de laranxa, as glicinias recóllense e cae, diante dos meus ollos, a derradeira rosa de martillo. Unha doce fantasía acaríñame o estómago. Non tardarán as noites en anicarse ao lado da cheminea, lendo, mentres meus pais ven a tele. Aquí, ao patio, chegou o tempo da calma, das sopas quentes e das castañas asadas.ANXOS SUMAI
segunda-feira, 17 de novembro de 2008
sexta-feira, 31 de outubro de 2008
SAMAÍN SAMAÍN, DIVERSIÓN SEN FIN
terça-feira, 28 de outubro de 2008
POESÍAS VISUAIS
terça-feira, 21 de outubro de 2008
sexta-feira, 10 de outubro de 2008
XA ESTAMOS AQUÍ - con FAUSTO C. ISORNA

XA ESTAMOS DE VOLTA.Novo curso e novas incorporacións, temos catro migallas novas: Pablo, Lucía, Ainara e María, benvido e benvidas.
Pois a verdade é que comezamos o curso moi ben, moi requeteben. Lembraredes que a finais do curso pasado traballamos o cómic, da man de Fausto Isorna, debuxante de Catoira, có que intercambiamos correos moi fructíferos; e o día 3 de outubro veu á Biblioteca de Catoira a realizar un obradoiro sobre a banda deseñada, e tivemos a inmensa fortuna de ter un encontro con el. Aí van unhas fotos para que as desfrutedes.
sexta-feira, 20 de junho de 2008
FIN DE CURSO
OUTRO CURSO REMATADO
MÁIS ALUMNOS LICENCIADOS
POR DESPEDIRNOS DOS COLEGAS
IMOS ALGO APOUCADOS
PERO LOGO VEN SETEMBRO
E XA VOLVEMOS A VERNOS
CON ÁNIMOS RENOVADOS.
MOITOS BICOS PARA TODOS
PASADE UN VERÁN RELAXADO
COMENDO MOITOS XEADOS,
E MIRANDO ESTAS FOTOS
ONDE TODOS NOS DIVERTIMOS
BOTAMOS UNHAS RISADAS
E LEMBRAMOS E AÑORAMOS... VOLVER...
MÁIS ALUMNOS LICENCIADOS
POR DESPEDIRNOS DOS COLEGAS
IMOS ALGO APOUCADOS
PERO LOGO VEN SETEMBRO
E XA VOLVEMOS A VERNOS
CON ÁNIMOS RENOVADOS.
MOITOS BICOS PARA TODOS
PASADE UN VERÁN RELAXADO
COMENDO MOITOS XEADOS,
E MIRANDO ESTAS FOTOS
ONDE TODOS NOS DIVERTIMOS
BOTAMOS UNHAS RISADAS
E LEMBRAMOS E AÑORAMOS... VOLVER...
Assinar:
Postagens (Atom)