terça-feira, 31 de março de 2009

Os eloxios: EU SON... TI ES...







Outra tarefa que debemos realizar na escola, é o fortalecemento da autoestima,autoconcepto, autovaloración dun mesmo e tamén a valoración positiva dos compañeiros e compañeiras.
Pois aí van as fotos dunha actividade que denominamos: ELOXIOS
1.-A MESTRA TROUXO UN MONTÓN DE ELOXIOS EN TARXETIÑAS, LEUNOS E COMENTÁMOLOS EN CORRO,
2.-LOGO CADA UN DIRÍA O QUE É EL E DARÍALLE A MAN A UN COLEGA PARA QUE EL FAGA O MESMO.
3.-DESPOIS CADA NENO/A DI UN ELOXIO DUN AMIGO E DALLE A TARXETA....FINALMENTE
4.-DEBÚXANSE.
OUTRO DÍA LEMBRAMOS OS ELOXIOS E FAN UNHAS BANDAS DE MISS OU MISTER...SIMPATÍA, INTELIXENTE, AMABLE, BONDADOSO...

segunda-feira, 30 de março de 2009

SEMENTAMOS NO XARDÍN







Sementamos varias especies: tomiño, lavanda, cabazo, chirimoias,landras...

UN TRAGAPELOTAS




Cada venres levamos un conto para casa, un día María levou " Iván no quiere compartir" e o luns sorprendeunos cun tragapelotas que lle axudou a construir a súa mamá, tal como propoñía no conto. Mirade que ben o pasamos, aínda que pouco encestamos.

Xa naceron os muscaris


REPRODUCIMOS


ULIMOS

OBSERVAMOS