domingo, 23 de maio de 2010

Visita despedida de Graeme


Unha grande aperta de despedida.


bailando



A bandeira escocesa



Graeme volveu á nosa escola para despedirse, xa lle quedan poucos días para estar connosco, volve a Edimburgo, non sen antes vir ó noso centro e compartir máis cousas con nós, foi estupendo coñecelo, aprendemos un montón de cousas sobre Escocia e pasámolo moi ben, ensinounos fotos da súa cidade, cantounos cancións, fixemos xogos, bailes... Grazas Graeme, déixasnos unhas lembranzas extraordinarias. Thank you very much, esperamos que che vaia moi ben.

sexta-feira, 21 de maio de 2010

Letras Galegas


Despertando a imaxinación





O día 10 de Maio, acudíu á nosa escola o contacontos " Marioneto", con motivo da celebración da semana das Letras Galegas. Marioneto contounos moitas historias, incluso con títeres, pasámolo moi ben ( grandes e miúdos). Tamén pasamos moita calor, fixo unha tarde de sol radiante e eramos mogollón para ver a actuación.

quarta-feira, 12 de maio de 2010

Premio



Gracias aos colegas de Muros, por enviarnos este premio, eles tamén teñen un blog moi chuli.Se queres ver o seu blog fai clik aquí

domingo, 9 de maio de 2010

Unha canción divertida

Un libro de bicos



Non debería ser necesario un libro con esta temática, debían ser algo tan cotiá como comer, camiñar ou respirar. Son imprescindibles en todas as etapas da nosa vida, especialmente na nenez e na vellez. Moitos bicos para os meus alumnos e alumnas e para todos os avoíños e avoíñas do mundo! A lot of kisses!

23 de abril día do libro


Os libros tamén se poden elaborar, coma estes que fixemos na nosa escola, cun conto, un poema, unha canción, uns refráns, unhas adiviñas e un chiste.

Hai libros que nos convidan a viaxar coa imaxinación, que nos transportan a lugares incribles, outros arrólannos, outros fannos bailar, cantar,...e algúns dannos gañas de dar apertas e bicos.
Mira ben cada vez que agasallas cun libro, abres unha porta a un mundo, cara cal queres que vaia o seu lector?