quarta-feira, 11 de fevereiro de 2009

ATRAPASOÑOS

O ATRAPASOÑOS


A teacher Mar tróuxonos da súa viaxe a Estados Unidos, un atrapasoños, que nos era coñecido a través das lendas celtas, que recollían este elemento fantástico dos indios, supoño que sabedes para que se usa o atrapasoños, ponse nos berces ou camas dos nenos e nenas para atrapar os soños bós e os malos escapan polo burato negro. Estes obxectos confeccionábannos os indios de América con pel e plumas de animais. A nos na escola sérvenos para atrapar os bos pensamentos, as boas conductas...e ademáis para facer remuíños de ideas, aí vai unha mostra.


¿PARA QUÉ SIRVE?

PARA FACER CÓXEGAS
PARA CONDUCIR
PARA PESCAR PEIXES
PARA ESCRIBIR
PARA COLLER PLUMAS
PARA CAZAR DINOSAURIOS
PARA FACER UN NIÑO DE PAXAROS
PARA FRITIR UN BISTEC
PARA FACER UN CORTELLO PARA PORCOS
PARA POÑER A COMIDA, É COMA UN PRATO OU PARA COMER COMA UNHA CULLER
PARA FACER UNHA CASA DUN CANGREXO
PARA XOGAR AO TENIS.

domingo, 28 de dezembro de 2008

Preparando o festival


Cantamos panxoliñas en inglés

Tamén chegaron os Reis Magos

Armouse o Belén na Baiuca

Tampouco este ano podía faltar na nosa escola o teatro de Nadal, realizado por un grupo de mamás, tías...dos nenos e nenas da nosa escola. Grazas a todas, estivestes para Oscar, e o máis importante é que todos desfrutamos ( as que actuastes e os que vos vimos)
O argumento pódese resumir en: qué será o que ten o neno Xesús? Todos lle levan agasallos pero el non quere, só quería amor e cariño( que era o que lle ía dar o neno) pero o soldado non o deixaba pasar.
¡¡¡ BRAVO MAMÁS!!!

quarta-feira, 10 de dezembro de 2008

FELICES FESTAS


"OXALÁ POIDÉSEMOS GARDAR O ESPÍRITO DO NADAL NUNHA SALTARINA PARA QUE BOTASE E REBOTASE POR TODO O MUNDO"

xa estamos no Nadal




Este curso ideamos facer algo diferente para felicitar o Nadal, realizamos as seguintes actividades:
- Lectura de frases de Nadal( doutros autores)
- Dunha sacamos a idea: onde gardar o espírito do Nadal? ( Remuíño de ideas)
- Facemos frases coas palabras anteriores e finalmente plasmamos algunhas. Aí vai unha mostra.

quarta-feira, 3 de dezembro de 2008

quinta-feira, 20 de novembro de 2008

Consecuencias do outono




A NOGUEIRA ESTÁ ESPIDA,
QUEN A PODERÁ TAPAR
AS NENAS E NENOS
DA NOSA ESCOLA
ÍMOLO ARRANXAR.
FOLLAS CON NOMES
DE PRENDAS DE ROUPA
E MOI LINDA VAI QUEDAR.






No patio da nosa escola temos unha nogueira, todos sabemos o que lle pasa nesta época do ano, pero na nosa escola xa lle atopamos remedio, a ver que vos parece.


Non nos esquecemos de ler algún relato de Anxos Sumai, que nos ven ao pelo co tema.


OUTONO NO PATIO

A nogueira do patio comeza a volverse marrón, a carriza que rodea o pé do limoeiro tínguese de laranxa, as glicinias recóllense e cae, diante dos meus ollos, a derradeira rosa de martillo. Unha doce fantasía acaríñame o estómago. Non tardarán as noites en anicarse ao lado da cheminea, lendo, mentres meus pais ven a tele. Aquí, ao patio, chegou o tempo da calma, das sopas quentes e das castañas asadas.
ANXOS SUMAI

Cousas do outono

segunda-feira, 17 de novembro de 2008

O magosto


Este venres celebramos o magosto coa colaboración das mamás, tamén fixemos máis poesías visuais.

sexta-feira, 31 de outubro de 2008

SAMAÍN SAMAÍN, DIVERSIÓN SEN FIN

NUNCA TANTO PROVEITO LLE QUITAMOS( NA NOSA ESCOLA) A UN CABAZO, SÓ NOS FALTOU COMELO, EN DOCES, PAPAS... OUTRA VEZ SERÁ, CLARO QUE TAMPOUCO NUNCA TIVERAMOS UN CABAZO TAN TAN TAN GRANDE. ( GRAZAS A AVOA DE AINARA)










terça-feira, 28 de outubro de 2008

POESÍAS VISUAIS

COMPARTINDO A IDEA DO CEIP DE AGUIÑO, AÍ VAN UNHAS POESÍAS VISUAIS: DUN PEIXE GLOBO, DUNHA MAZÁ, E CUN ESQUELETO(A NOSA MASCOTA RISITAS)




terça-feira, 21 de outubro de 2008

sexta-feira, 10 de outubro de 2008

XA ESTAMOS AQUÍ - con FAUSTO C. ISORNA


XA ESTAMOS DE VOLTA.Novo curso e novas incorporacións, temos catro migallas novas: Pablo, Lucía, Ainara e María, benvido e benvidas.
Pois a verdade é que comezamos o curso moi ben, moi requeteben. Lembraredes que a finais do curso pasado traballamos o cómic, da man de Fausto Isorna, debuxante de Catoira, có que intercambiamos correos moi fructíferos; e o día 3 de outubro veu á Biblioteca de Catoira a realizar un obradoiro sobre a banda deseñada, e tivemos a inmensa fortuna de ter un encontro con el. Aí van unhas fotos para que as desfrutedes.