Este curso aparte de todas as actividades propias do meu traballo como docente, iniciei un anecdotario de aula onde rexistro as frases máis ocurrentes dos nenos e nenas da nosa escola,que se producen en calquera momento da actividade diaria.
Parécenme tan interesantes e divertidas que as vou publicar, iso si anónimamente.
Ademáis poden axudarnos a reflexionar sobre o proceso de ensinanza e aprendizaxe, sobre os coñecementos (previos) ou interpretacións do mundo que realizan os propios, se nos paramos un pouco, poderemos entre-ler as pijotadas do sistema educativo, non vou dar pistas, cada un que interprete libremente, sobre todo espero que vos gusten.
Novembro 2007:
Profe:- Que lle falta a esta serpe?(ensinando debuxo na pizarra)
Neno 1:- Os colmillos.
Neno 2:- Non burro, que lle falta a dentadura enteira.
(Vaise ler un conto que xa se lera noutra sesión, e se dixera que era dun escritor de Dinamarca)
Profe:- De qué país era este conto?... Empeza por di.
Neno:- Diarrea.
Neno:- Profe,xa sei como se di peixe noutro idioma, dise "salmón"
Neno:- Xa sei como fai a ambulancia en castelán: aaaaaaaaaaaa e en galego: ninonino.
Neno:- Profe, sabes cómo se chaman os Reis Magos?
Profe:- Cómo?
Neno:- Colchón, Aspar e Baltasar.
Hoxe estivemos lendo " Melodía de días usados" de Anxos Sumai, o relato titulado "de fútbol e cortinas", tal como propoñía a autora, xogamos a mastigar palabras, uns mastigamos "coche", tragámola e logo xa sentimos o coche na tripa, e un por un foi contando como era o coche(todoterreno, Ferrari,...) Cando lle tocou o turno ao último dos maiores dixo:
-eu non o tiña tuneado, pero agora tuneeino, ten lume na esquiniña da porta, un alerón, un montón de luces...
- é un coche? ( pregúntalle un compañeiro)
- é un cochazo.
Traballando a letra R co profe de AL, pregunta ¿qué letra é esta? (sinala erre maiúsculo)
Nenos: erre forte.
Profe: se esta é o erre forte, ¿cal será ésta?(sinala outro erre minúsculo)
Neno: erre blanda.
Xogando a adiviñar obxectos dunha tarxeta, dando pistas.
Profe: Dilles para que serve, para que é.(na tarxeta hai un xarrón).
Nena( que da as pistas): Para poñer flores.
Neno: Cementerio.
sexta-feira, 30 de novembro de 2007
quinta-feira, 29 de novembro de 2007
polo Magosto castelos de carozos

Este curso celebramos o Magosto na nosa escola coa colaboración de todas as mamás e algún papá, mágoa non ter fotos das mamás asando as castañas.
Os nenos e nenas xogamos a algúns xogos,coma por exemplo: construindo castelos de carozos, ou casiñas... Aínda que agora os carozos escasean porque pouca xente sementa millo, e se non hai millo,...
Limpeza no xardín e plantamos
Assinar:
Postagens (Atom)