sexta-feira, 30 de novembro de 2007

Anecdotario ou frases célebres infantís

Este curso aparte de todas as actividades propias do meu traballo como docente, iniciei un anecdotario de aula onde rexistro as frases máis ocurrentes dos nenos e nenas da nosa escola,que se producen en calquera momento da actividade diaria.
Parécenme tan interesantes e divertidas que as vou publicar, iso si anónimamente.
Ademáis poden axudarnos a reflexionar sobre o proceso de ensinanza e aprendizaxe, sobre os coñecementos (previos) ou interpretacións do mundo que realizan os propios, se nos paramos un pouco, poderemos entre-ler as pijotadas do sistema educativo, non vou dar pistas, cada un que interprete libremente, sobre todo espero que vos gusten.

Novembro 2007:

Profe:- Que lle falta a esta serpe?(ensinando debuxo na pizarra)
Neno 1:- Os colmillos.
Neno 2:- Non burro, que lle falta a dentadura enteira.


(Vaise ler un conto que xa se lera noutra sesión, e se dixera que era dun escritor de Dinamarca)
Profe:- De qué país era este conto?... Empeza por di.
Neno:- Diarrea.



Neno:- Profe,xa sei como se di peixe noutro idioma, dise "salmón"


Neno:- Xa sei como fai a ambulancia en castelán: aaaaaaaaaaaa e en galego: ninonino.

Neno:- Profe, sabes cómo se chaman os Reis Magos?
Profe:- Cómo?
Neno:- Colchón, Aspar e Baltasar.


Hoxe estivemos lendo " Melodía de días usados" de Anxos Sumai, o relato titulado "de fútbol e cortinas", tal como propoñía a autora, xogamos a mastigar palabras, uns mastigamos "coche", tragámola e logo xa sentimos o coche na tripa, e un por un foi contando como era o coche(todoterreno, Ferrari,...) Cando lle tocou o turno ao último dos maiores dixo:
-eu non o tiña tuneado, pero agora tuneeino, ten lume na esquiniña da porta, un alerón, un montón de luces...
- é un coche? ( pregúntalle un compañeiro)
- é un cochazo.


Traballando a letra R co profe de AL, pregunta ¿qué letra é esta? (sinala erre maiúsculo)
Nenos: erre forte.
Profe: se esta é o erre forte, ¿cal será ésta?(sinala outro erre minúsculo)
Neno: erre blanda.

Xogando a adiviñar obxectos dunha tarxeta, dando pistas.
Profe: Dilles para que serve, para que é.(na tarxeta hai un xarrón).
Nena( que da as pistas): Para poñer flores.
Neno: Cementerio.

3 comentários:

Fada Branca disse...

Entón onde te podo leer ?aquí ou no outro? cal vas seguir?

mamiago disse...

O da ambulancia e moi bo. Jajajaja

TENDAL DE CALCETINS. disse...

Ola migalliñas!,como xa sabedes non temos internet na aula, entón o que facemos é escribir cousas nun documento e logo vola enviamos, esta semana estivemos facendo unha lista das cousas que podemos facer cos números, aínda faltan por escribir algúns nenos e nenas.Moitos bicos do tendal de calcetíns.