quarta-feira, 12 de dezembro de 2007

A visita o Belén Artesanal de Valga




Onte, pola tarde, visitamos en compaña de mamás, papás, irmáns e outros familiares o BELÉN ARTESANAL de VALGA.
Algúns datos sobre este Belén:
E realizado todo por un grupo de veciños, coa colaboración do Concello.
Extensión: 200.metros cadrados
Figuras: 1200
Figuras con movemento: 315
Bombas de auga: 5
Luces: 8000 bombillas
Cableado: 30000 mts.


Horario:
Do 2 de Decembro de 2007 ata o 13 de Xaneiro de 2008.
Luns a Venres: 17.30-20.30
Sábados: 17.00-21.00
Domingos e festivos: 12.00-14.00 17.00-20.30
Resto do ano (Xaneiro-Decembro)
Previa Concertación de Cita Chamando ao 986 55 94 56 – 630 95 25 15

Unha vez alí, miramos todo, logo realizamos unha ficha que levou a profe preparada e na que tiñamos que buscar algo no Belén e debuxalo, coma por exemplo: a banda de música, o trasno do río, a consulta do doutor,un campo de fútbol, a Bella Otero, unha muller muxindo a vaca …só por estas pistas podedes deducir que é un Belén extraordinario, que gusta a grandes e a pequenos, ou polo menos non deixa indiferentes a ninguén. Despois tamén había que debuxar na mesma tarxetiña o que máis che gustara. Finalmente, asinamos no libro de visitas. Marchamos, pero non sen antes botarlle unhas moedas á señora-robot, que está delado da porta de saída, que che facía unha reverencia e dicía “ Dios cho pague”.( A entrada é totalmente gratuita, esto é unha gracia para os cativos)
Foi unha tarde completa, xa que a poucos metros do Belén, atópase outro lugar fantástico para o esparcemento, a lagoa de “ Mina Mercedes”, cun amplo paseo, darredor da lagoa, con parrulos, ocas, cisnes e algunha que outra ave migratoria que pasa por esta paraxe acolledora. Tamén hai uns poucos aparatos para facer ximnasia, aquí desfrutaron os nenos e nenas e tamén algunha mamá.

Valga sempre pode ser un bó lugar para visitar, aínda que non sexa Nadal.

FELICES FESTAS A TODOS. SAUDIÑA.

Nenhum comentário: