terça-feira, 8 de janeiro de 2008

Xa está aquí O NADAL



¡ XA ESTÁ AQUÍ O NADAL!

Polo Nadal todo cambia, tamén as escolas. Na nosa aparecen novos elementos, a árbore de Nadal, vestimos a Risitas ( a nosa mascota) de Papá Noél e preparamos o Belén, aproveitamos para facer figuriñas de papel de aluminio( dos envoltorios dos bocatas) e outros materiais de refugallo, coa axuda da profe Tamara que estivo con nós un mes de prácticas, xa a estamos botando de menos.

Nas estrelas do mural, puxemos os nosos mellores desexos para estas festas: paz, amor, non pelexar, ser amigos, roupa para os pobres...
Tamén escribimos as cartas para os Reis Magos, este ano un pouco diferentes, aparte dos xoguetes, que é algo inevitable non poñer porque para os nenos destas idades son prioritarios,éstes xa non ocuparon a maior parte da carta e priorizamos outros desexos logo dunha breve reflexión có alumnado e así saíron cousas tan interesantes como:
Desexo que:
mamá: xogue máis conmigo, me deixe axudarlle nos seus traballos, me conte cousas de cando era pequena...
papá : me leve un día ao zoo, ao cine...me deixe axudarlle a botar a roupa na lavadora, me leve un día ao seu traballo, me lea contos...
Pensandoo ben, se se lle cumplen estes desexos, non precisarían ningún xoguete, porque todo o que piden é moito máis importante na vida dun cativo, para o seu desenvolvemento afectivo e /ou emocional que repercutirá no desenvolvemento global do neno e da nena, xa que vivimos nun mundo con demasiados xoguetes e os nenos e nenas están xogando sós, sen falar con ninguén, diante da tele, do ordenador, da wii...

Nenhum comentário: