segunda-feira, 14 de abril de 2008

ANXOS SUMAI

A motivación ía en aumento a medida que descubriamos mais cousas de Anxos, polo que se fixo indispensable elaborar un plan de traballo.
FASES:
QUE SABEMOS / QUE QUEREMOS SABER / ONDE BUSCAR INFORMACIÓN / COMO ORGANIZAR A INFORMACIÓN







Buscando información en Internet:
Poñemos o nome de Anxos Sumai en google e aparecen varias páxinas que falan sobre ela... Nunha desas web: www.culturagalega.org,( publica os seus escritos semanais: Anxos ou diaños) aparece o seu correo, e apuntámolo para posteriormente contactar con ela. Este sería o comezo dun fermoso e apaixonante proxecto, nunca antes contactaramos cunha personaxe famosa e ademais tan accesible, Anxos foi, desde o primeiro correo un encanto, contestounos a todo, enviounos fotos ... e temos data prevista de visita á nosa escola, pódese pedir máis? Non, imos sobrados. Por se fose pouco síguenos a través deste blog e déixanos comentarios, e sabedes cal foi a primeira reacción dos cativos cando rematéi de lelo, nada menos que un fervoroso aplauso, se isto non é capaz de emocionar a ninguén entón estamos facendo algo mal, pero a min aínda me emociona e me di que por este camiño imos ben, e mellor iremos se Anxos nos acompaña. Isto promete unha longa e duradeira amizade, de incalculable valor para todos/as ( alumnado e mestra)
VALORACIÓN:

Quero animar a outros centros a que traballen con distintos textos e diferentes autores, non hai porque ler un libro enteiro, podemos darlle opcións aos alumnos/as que escollan relatos ou capítulos, de todos podemos aprender, non elexir os libros só pola idade. E tamén dicirlles aos escritores que se acheguen máis aos lectores, hoxe en día internet tráenos o mundo á escola e as casas, porque non os escritores, ilustradores... non é imprescindible que veñan en persoa, pero para os nenos/as poder escribirlle a alguén que lle vai responder é a maior motivación que existe para “ animar a ler e escribir”.
Para os mestres/as de Infantil e Primaria, vouvos dar as miñas razóns para seguir traballando en vindeiros cursos con Anxos Sumai
( principalmente co seu libro “ Melodía de días usados” ) porque con cada relato podo plantexar un pequeno proxecto ( lingüístico, histórico, matemático, de animais, natureza...) que van permitir o desenvolvemento de diferentes competencias no alumnado, desde buscar información en enciclopedias, nos diccionarios, en internet... organizar esa información en mapas conceptuais, desenvolverán competencias lingüísticas, plásticas... Botarlle un ollo a algún dos seus relatos e comprenderedes o que quero dicir.

Nenhum comentário: