segunda-feira, 2 de junho de 2008

Mirando a través do bebé

A partir do relato de Anxos Sumai " Mirando a través do bebé" iniciamos un proxecto sobre bebés. Buscamos información, en enciclopedias,revistas especializadas, internet, trouxemos fotos de cando fomos bebés,aproveitamos a visita de Lucía e a súa irmá Marta ( que é un bebé de dous meses) para observar e preguntarlle cousas sobre o bebé.





2 comentários:

Martina disse...

YUJU! Que tal, farangulliñas!, xa vexo que tedes unha profe moi curranta que ten a cabeza que lle debe saír fume, pero que chulos os vosos traballos cos bebés, cos carozos, co serrín.. cada día estou máis convencida de que da Baiuca van saír artistas, gracias a esa cabeza inquieta, que vos toca coa súa variña máxica e vos trae á escola cousas tan marabillosas coma unha escritora!!
Que dá gusto recoñecer as vosas caras nas fotos,pero que estades moi grandes, canto medráchedes, xa non sei si chamarvos migallas, ou pedazos de nenos e nenas!
Un bico moi grande a cada un e unha e un achuchón para a profe.
Martina

. disse...

OLA PROFE ISAURA E MIGALLAS, DENDE AGUIÑO SEGUIMOS TODO O QUE FACEDES. TEDES TODA A NOSA ADMIRACIÓN.
APRENDEMOS MOITAS COUSAS CON VOS. GRAZAS POR COMPARTIR.