segunda-feira, 11 de janeiro de 2010

O MAGOSTO








Como non podía ser doutra maneira, este curso tamén celebramos o Magosto. O Magosto, é unha festa tradicional na que se degostan as castañas asadas, acompañadas de chourizos... pero aquí vai a versión da nosa escola: " Castañas asadas e doces/tortas do outono" Grazas a todos e todas as que colaborastes para que nos quedara un banquete tan impresionante... Tampouco faltou a troula, a música, os xogos, enferruxarnos con carozos queimados...Aí van as fotos espero que desfrutedes tanto coma nos cando as fixemos.
Breve explicación para os nosos colegas de Glasgow ( Escocia ):
" This is the "CHESTNUT FESTIVAL", people roast chesnuts and cook with them. In our school parents and students made delicious desserts with autumn foods(walnuts, chestnuts, pumpkin...) " A lot of kisses for our friends from Deanpark Nursery school.

Nenhum comentário: