sexta-feira, 28 de janeiro de 2011

CARTA DE INGLATERRA




Remexendo na terra para abrir os surcos para plantar, moitos bichiños atopamos.






A volta das vacacións do Nadal recibimos carta dos nosos colegas de Reino Unido, tamén nos envían sementes de plantas e árbores do seu país.
Xa comezamos a plantar, primeiro no xardín. Plantamos: English Oak e Wild Cherry. Nos vindeiros días plantaremos as outras, algunhas en maceta e outras no xardín.
Esta experiencia forma parte dun proxecto sobre as árbores " OUR TREES" con motivo do "Ano do Bosque" que levaremos a cabo en estreita colaboración coa mestra e os alumnos dun centro de Inglaterra, cos que no curso pasado xa realizaramos un proxecto no etwinning.
Estamos moi entusiasmados con este proxecto,encántanos compartir con outros nenos e nenas as nosas experiencias, mandarlles cousas e recibilas.

Nenhum comentário: