domingo, 29 de maio de 2011

Convivencia no CPI Progreso








Con motivo da celebración das Letras Galegas, as escolas unitarias de Catoira, pasamos unha mañá de convivencia no CPI Progreso.
Visitamos as distintas dependencias do centro:
- Biblioteca
- aulas de 1º
- comedor
- edificio de Infantil( onde compartimos merenda todos xuntos convidados polo cole)
Os nenos e nenas da Baiuca representaron unha pequena obra de teatro e recitaron o poema completo de Adiós ríos, adiós fontes da nosa poetisa favorita Rosalía de Castro.
Os do CPI fixeron tamén un teatro de títeres.

Nenhum comentário: