terça-feira, 8 de janeiro de 2008

¡SORPRESA, SORPRESA! 1


¡ SORPRESA! ¡ SORPRESA! 1...

Este vai ser un Nadal moi especial, estaremos sós no noso centro pero teremos máis sorpresas que nunca.
Xoves 20 de decembro: TEATRO e ....
Logo de facerlles eu a proposta na reunión xeral coas familias a comezos de curso, algunhas mamás, avoas e un papá animáronse a representar unha pequena obra de teatro. Quero felicitalos a todos e todas deixáronnos pampos, mudos e emocionados a grandes e pequenos. ( Estamos esperando a próxima.) E se isto non fose suficiente, tamén veu PAPÁ NOÉL cargado de agasallos.
Por certo, os nenos e nenas tamén entoaron moi ben unha panxoliña.
GRAZAS familias pola vosa colaboración.
Feliz ano 2008 a todos.

Um comentário:

Tami disse...

hola pequerrechos!!! xa vos voto moito de menos, espero que vos portedes ben,que xoguedes moito pero o máis importante que aprendades moito uns dos outros, e coidade moito a mestra.
Espero que os Reis magos vos truxeran xoguetes, pero tamén que os vosos papis e irmáns cumplan os desexos que pedichesdes nas cartas.
Espero ir visitarvos pronto.
Moitos Bikiñós para todos!!!