segunda-feira, 14 de abril de 2008

ANXOS SUMAI





Proxecto: PERSOEIROS ILUSTRES DO NOSO CONCELLO
Xa levamos desde o Entroido con este gran proxecto que vai encabezado e liderado pola escritora ANXOS SUMAI , máis adiante tamén iremos coñecendo a Fausto Isorna, que tal como di o título do proxecto son persoeiros catoirenses, pero ademais Anxos é veciña da nosa escola.

Motivación:

Para traballar con Anxos Sumai, a motivación, interese e curiosidade dos cativos, foi doada de fomentar, xa que nun primeiro momento so lles dixen que iamos ler un libro de maiores(sen debuxos) “MELODÍA DE DÍAS USADOS”,e comezamos a ler os seus relatos, un día líallo e falabamos sobre do que relataba, ó día seguinte relémolo e facían un debuxo, outro día eran os nenos os que continuaban a historia( que pasou despois…?) e así con varios relatos. Tamén resultou interesante porque nos relatos fala de cousas cotiás, familiares, de temas que lles gustan os nenos. Esta resultou unha forma de ir imaxinando quen escribiría eses relatos,se sería home ou muller, nena ou neno, algúns gustos, de que traballaría... fixemos as nosas hipóteses e preguntámonos onde poderiamos saber mais, alguén apuntou que no libro por detrás había unha foto, lemos o que pon. O feito de descubrir que era de Catoira fíxonos fervelo sangue a todos.






2 comentários:

Anônimo disse...

Grazas Anxos pola túa colaboración.
Os teus fans miúdos catoirenses.

Anônimo disse...

Graciñas a vós, porque fixéchedes algo moi bonito. Eu nunca pensei que chegaría a ter lectoras e lectores tan noviños coma vós, e menos aínda que vos gustase tanto o libro.
Xa falta pouco para que nos vexamos e seguro que o imos pasar moi ben. Ah! Eu xa vos estiven vendo nas fotos e creo que vou saber os vosos nomes cando vos vexa.
Bicos ghrandes e cariños.
Anxos