segunda-feira, 7 de abril de 2008

Experimentación xeada

Gracias a os nosos amigos e amigas e á profe da escola de Xanza por contarnos o experimento que fixeran na súa escola sobre un iceberg, causounos moito interese, e houbo quen nos trouxo a auga conxelada da casa( unha botella) para que nos tamén o puderamos experimentar ( faltounos o sal) pero aproveitamos para experimentar outras cousas. Logo de probar a auga da billa coa man, comprobamos que ao introducirlle o xeo (iceberg, que flotaba), a auga da bañeira cada vez estaba máis fría. E antes de que rematase todo desconxelado, vimos que tiña forma de lápis ( moi resbaladizo e co que non podiamos estar traballando moito tempo porque nos conxelaba as mans) e fixemos un sinxelos debuxos, en cartulina branca( apenas se notaban) e en cartulina de cores, para darlle máis perpetuidade á nosa obra, repasámola con xiz. Neste experimento feito aposta, poderíase usar auga con colorante, con tinta … e o xeo pintaría só, ben aí queda a idea e cada quen que investigue. A verdade é que gustou moito e en pouco tempo comprendemos as dificultades dos animais e persoas que viven nos Polos, sen embargo ¡ qué ricos os xeados nun día caluroso!
Muito brigado coleguiñas.


Um comentário:

anxos disse...

Que cousas máis bonitas facedes!! Teño moitas ganas de coñecervos e de contarvos como é que nalgúns lugares do mundo a xente, as plantas, os animais, e mesmo as nubes poden vivir despois de moitos anos sen chover. Nos temos moita sorte, porque nos chove. Ata nos chove cando non queremos. E iso é unha sorte, é un privilexio enorme que poidamos ver chover mentres estamos acubillados detrás das ventás da escola, ou na casa. É moi bonito, é moi moi necesario para a vida. Sei que vosa mestra, Isaura, xa vos dixo que é case-case imposible que a vida exista se non hai auga. Hai que coidala moito, calquera pinga ten un valor semellante ó do diamante. Ó dunha xoia.
Ímonos ver dentro dun mes e levareivos unha gardenia que teredes que plantar, regar e coidar. As gardenias botan unhas flores brancas que cheiran moi, moi ben.
Mañá cóntovos máis cousas no correo de Isaura. Gústame moitísimo lervos, e vervos, cando colgades cousas no voso blog.
Biquiños pequenos e ghrandes e felices. Ogallá o mundo se encha de auga para que todos podamos vivir!!!
Anxos