sexta-feira, 22 de janeiro de 2010

O APALPADOR BAIXOU ATA A BAIUCA






Non é nada novo,a celebración do festival do Nadal, como en todos os colexios, cántanse panxoliñas,represéntanse obras de teatro,... Nesta ocasión na nosa escola leváronse a cabo tamén esas actuacións:
1º O alumnado interpretou unha panxoliña en galego e outra en Inglés.
2º Viñeron os Reis Magos con agasallos ( grazas á colaboración do Concello)
3º As mamás/papás e algunha tía representaron a obra de teatro" O agasallo de Xesús" ( Grazas a todos)
4º A SORPRESA- O APALPADOR:Esta foi a novidade do noso festival de Nadal deste ano, e quedamos todos encantados a ver se para o ano tamén pode volver. Despois de moito camiñar desde as altas montañas, chegou o Apalpador á Baiuca, viña cargado de castañas, noces e avelás e xoguetiños de madeira que el mesmo fixera durante todo o ano coas súas mans. (Grazas as mamás/familias pola súa colaboración, realmente foi unha grande sorpresa.

Um comentário:

Unknown disse...

Este ano veño dende O Caurel a traervos un simpático vídeo cunha canción e un baile para darme a coñecer entre @s máis pequen@s http://youtu.be/JmAfI4ucKJc Encántame ver que a miña persona se coñece cada vez máis entre as crianzas.

Ademáis podedes descargar a canción de balde e atopar máis recursos para a aula na web www.oapalpador.tk

Boas festas!