terça-feira, 22 de junho de 2010

FIN DE CURSO

Outro curso que remata, moitas cousas nos deixa nas carpetas, nos proxectos, en fotos, neste blog, na revista...en fin un montón de experiencias e lembranzas na memoria, no corazón... Chegou o día, hoxe gardamos todo na nosa mente e no corazón e con moita mágoa despedímonos dos compañeiros( Javier e Daniel)e da compañeira ( Noelia) que en Setembro continuarán a súa andaina no cole de Catoira, alí seguirán cargando a súa " mochila" de novas vivencias que formarán ano tras ano a súa personalidade.¡Boa viaxe e bó desembarco, amiguiños!
Da mesma maneira despedímonos da profe Lorena, ela tamén nos deixa un legado importante, ocupou o seu propio espazo na nosa vida e xa pasou a formar parte da nosa " mochila " e aquí permanecerá para sempre. Lorena, con todos os nosos mellores desexos " que che vaia bonito ".


Despedida emotiva da profe Lorena por parte dos pais e nais dos seus alumnos/as. Grazas a todos e todas.

Um comentário:

Anônimo disse...

ESPERAMOS QUE LLE GUSTASE O REGALO DAS MAMAS A PROFE LORENA, E QUE TEÑAS NESTE NOVO CURSO MOITA SORTE . UN SAUDO DOS NENOS E MAMAS.