quinta-feira, 10 de junho de 2010

Visita á CASA MUSEO DE ROSALÍA DE CASTRO




Repoñemos forzas, logo dunha tarde tan intensa, volvemos no tren moi relaxados, pero aínda nos atrevemos a recitar un pouco para os demáis pasaxeiros do tren.


Antes de ir para a estación, aínda tivemos un ratiño para ir ver os animais da paxarería que hai alí ó lado. Mágoa que chuviscara!









Na estación agardando o tren


O día 8 deste mes, collemos o tren en Catoira, cantamos unhas cancións e recitamos uns poemas e nun plisplás chegamos a Padrón, camiñando uns poucos metros chegamos á casa de Rosalía, o primeiro que fixemos foi unha ofrenda floral, nese intre apareceron uns turistas ós que lle recitamos uns poemas moi coñecidos de Rosalía ( Adiós ríos, adiós fontes...)logo entramos e fomos escudriñando tódolos encantos que agochaban as dependencias da casa da nosa poetisa máis internacional.
Imos velo todo en fotos veredes que ben o pasamos.

Nenhum comentário: